lunes, 7 de abril de 2008

Mudando a chaqueta e até a camisa

Empezaramos este blog en tempo de eleccións sinalando a incoerencia do candidato Carlos Marcos que, mália militar nun partido galeguista que promulgaba o uso do galego na vida cotián, empeñabase en promulgar o uso do castelán e alzar a bandeira do castelán ferido e abatido en terra de galegofonía galopante.

Sinalamos as súas incoerencias e ainda as súas torpezas que deixaban ver as suas verdadeiras opinions e teimas e o seu verdadeiro talante que lle daban mal encaixe no (nun) partido galeguista.

Xa advertiramos da catadura da personaxe pero non podiamos imaxinar que tan pronto íase revelar a súa impostura e a súa verdadeira face...

Resulta que tras só tres meses de se apresentar como candidato do PG, o señor Marcos decide mudar de vestimamenta e mirar cara Terra Galega. Seica o proxecto do PG non encaixaba no proxecto persoal do señor Marcos. Comprácenos que nos de a razón en algo que xa viñemos dicindo dende o primeiro dia, mais compre preguntarse: se non encaixa no proxecto do PG, para que se presentou por ese partido? non será que non importan as ideas políticas nada máis que como ferramenta para medrar persoalmente?