lunes, 7 de abril de 2008
Mudando a chaqueta e até a camisa
Sinalamos as súas incoerencias e ainda as súas torpezas que deixaban ver as suas verdadeiras opinions e teimas e o seu verdadeiro talante que lle daban mal encaixe no (nun) partido galeguista.
Xa advertiramos da catadura da personaxe pero non podiamos imaxinar que tan pronto íase revelar a súa impostura e a súa verdadeira face...
Resulta que tras só tres meses de se apresentar como candidato do PG, o señor Marcos decide mudar de vestimamenta e mirar cara Terra Galega. Seica o proxecto do PG non encaixaba no proxecto persoal do señor Marcos. Comprácenos que nos de a razón en algo que xa viñemos dicindo dende o primeiro dia, mais compre preguntarse: se non encaixa no proxecto do PG, para que se presentou por ese partido? non será que non importan as ideas políticas nada máis que como ferramenta para medrar persoalmente?
lunes, 28 de mayo de 2007
Resultados electorais
O PG na Coruña obtivo 3744 votos, que é o 1,70% do electorado (220.265 persoas censadas) e o 3,18% dos votos, moi lonxe do partido que ten menor presencia no concello, o BNG, con 24355 votos, que representan o 11,06% do electorado e o 20,66% dos votos. Os resultados de Carlos Marcos sitúano ao nivel do voto en branco (3707 votos en branco, o 1,68% do censo e 3,14% dos votos) e de EU-IU (ainda que por baixo) que obtivo 3806 votos que represtan o 1,73% do censo e o 3,23% dos votos e que tampouco conseguira representación nas eleccións municipais do 2003. Podemos dicer por tanto que o PG na Coruña ten unha representación marxinal, comparable ao voto en branco ou a EU-IU. O dato da semellanza con voto en branco é interesante porque o voto en branco representa o descontento con todas as propostas políticas que concorren ás eleccións e precisamente Carlos Marcos promovía unha proposta 'coruñesista', localista e diferente do xeito de facer 'política' dos 'políticos', supostamente dirixido a movilizar ao electorado coruñes descontento da politica e dos políticos locais. Pois ben, parece que os coruñeses están tan descontentos coa forma de facer política do señor Marcos como cos demais politicos en xeral, non parece que propoña nada novo nen diferenciado.
Entón estes resultados son un éxito ou un fracaso para o PG e para Carlos Marcos en particular? Para o PG é evidente que son un fracaso pois non só non acadou representación en ningún concello de máis de trinta mil habitantes (1 concellal en Cambre, 2 en Oroso e 1 en Padrón, 1 en Modoñedo, 1 en Samos, 1 en Sarria e 2 en Redondela, este último é o máis importante dos que conqueriu) e sen representación en Ourense. Para Carlos Marcos foi un fracaso se atendemos aos seus obxectivos de ser alcalde, mais podemos asumir que ese era un obxectivo irreal por demasiado optimista e acordar que un obxectivo máis realista era ter representación no concello. Tendo en conta que este obxectivo non só non se conqueriu senón que quedou bastante lonxe da porcentaxe necesaria para sentarse en María Pita, podemos calificar a campaña de Carlos Marcos como un fracaso en toda regra. Parece que o proprio Carlos Marcos recoñece o seu fracaso admitindo que é un mal resultado e que perderon tanto en votos como en obxectivos. Parece que está a reflexionar se voltará a se presentar nas vindeiras eleccions ou non. Penso que ten moito que reflexionar, especialmente se decide presentarse outra vez.
Falaremos nunha vindeira entrada das razóns polas que fracasou o proxecto de Carlos Marcos (segundo a miña opinión obviamente) e das mensaxes equivocadas que estivo a dar na campaña. Tamén comentaremos algunhas cousas que quedaron pendentes porque colleunos a jornada de reflexión e a propria xornada electoral sen tempo para publicar.
Tamén quixera resaltar os resultados do PUM+J (Por Un Mundo más Justo) con 673 votos que ainda que representan un decepcionante 0,31% dos votos e 0,57% do censo, non deixa de ser curioso que un partido con semellante nome e un smiley por logo quedase por riba do histórico CDS (164 votos, 0,14% do censo e 0,07% dos votos) cuadruplicando os seus votos. Gostaríame salientar o seu estilo e fair play xa que en troques de proclamar o seu triunfo electoral o primero que fan na sua web é agradecer a todos os que os votaron, con as seguintes palabras:
Gracias a ti, por primera vez hemos podido votar en nuestras ciudades para que resolver la pobreza sea una prioridad en la política actual. Gracias por votarnos en Alicante, Barcelona, Bilbao, La Coruña, Madrid, Comunidad de Madrid, Murcia, Palma de Mallorca, Sevilla, Valencia, Valladolid, Vitoria y Zaragoza
Desde aquí quixera agradecer a Lila Fernández á súa candidatura e animala a seguir na política coas suas propostas, é especialmente na Coruña onde espero vela como candidata nas próximas eleccions. Acho que o simpático PUM+J é un partido necesario e con propostas interesantes.
Mais para rematar cun sorriso este proceso electoral falemos da que xa parece a especialidade da casa. Os que seguides este blog sabedes que atopamos na numeroloxía o que parecía ser a pedra filosofal da campaña de Carlos Marcos, ala onde mirabamos saía o número máxico 90 que parecía condicionar todas as suas actividades (90 viaxes en avioneta, 90 banderolas de mais, 90 palabras no paragrafo galego-castelán ao estilo Marcos, 90 era p número do seu nome como 666 era o número da besta...) e diciamos que habería que ter coidado no caso de sair alcalde e analizar o futuro baixo o prisma do número máxico que tanto o condicionaba.
Pero entón exerceu o numeriño o seu influxo na campaña? pois se voltamos a xogar coa numeroloxía veremos que os votos de Carlos Marcos (3744) sitúanse entre os votos de EU-IU (3806) por arriba como límite superior e os votos en branco (3707) por abaixo como límite inferior. Se restamos os votos de Carlos Marcos dos votos de EU-IU, obtemos 62 votos que lle faltarían ao señor Marcos para alcanzar a EU-IU, se agora restamos aos votos de Carlos Marcos os votos en branco, temos 37 votos que ten de vantaxe Carlos Marcos sobre o voto en branco, en total 99 votos. Se facemos o mesmo coas porcentaxes de votos e calculamos as diferencias da parte decimal que é a significativa (multiplicando cada porcentaxe por 100 para traballar con enteiros e calcular as diferencias da parte decimal) obtemos que a vantaxe de EU-IU (3,23%) sobre o PG de Carlos Marcos (3,18%) é de 323-318 = 5 unidades, mentres que a vantaxe do PG sobre o voto en branco (3,14%) é de 318-114 = 4 unidades, que dan un total de 9 unidades. Se agora restamos o número total de votos e as unidades de diferencia porcentual temos 99-9 = 90, o número máxico de novo! Parece que ao final os resultados do señor Marcos explicanse pola numeroloxía e xa se sabe que nada se pode facer contra o destino, iso lle debería contar Carlos Marcos ao seu presidente o señor Souto, para se xustificar, ou non? ;)
miércoles, 23 de mayo de 2007
A voltas coa língua
Por suposto o señor Marcos sigue a incumplir a lei e continua utilizando o topónimo La Coruña no canto do oficial e único legal A Coruña na sua campaña electoral. Polo tanto podemos decir con toda propiedade que a campaña política do señor Marcos é unha campaña ilegal (polo menos nese aspecto concreto).
Xa teño falado da importancia da coerencia nun político, da coerencia entre as súas ideas e as do partido no que milita e polo que se presenta, e xa teño demostrado que o señor Marcos non coñece esa coerencia ou polo menos non a practica. Pero tamén é importante a coerencia persoal, a coerencia entre o que se di e o que se fai, e é nesto senso que me chamou a atención a carta que me enviou, porque está totalmente escrita en castelán (como non podía ser menos para alguén que di defender precisamente o dereito de usar o castelán ainda contra o seu proprio partido) salvo un paragrafo, concretámente o último.
Os tres paragrafos en castelán conteñen 68 palabras o cal da unha media aproximada de 22 palabras nun paragrafo castelán, o paragrafo en galego contén 40 palabras, polo tanto temos aproximadamente 62 palabras nun paragrafo bilingüe galego-castelán (con paridade ainda que non con igualdade). Para ter igualdade de palabras teríamos que ter 40 palabras en castelán, as mesmas que hai en galego, polo tanto temos 68-40 = 28 palabras de máis en castelán. Se sumamos esas 28 palabras de mais ao noso paragrafo bilingüe obtemos 62 + 28 = 90, o número máxico 90 !! Vai ser certo que este home está condicionado polo numeriño...
lunes, 21 de mayo de 2007
A política como marketing
E iso que don Carlos dí que todos os cartos da súa campaña veñen dun crédito persoal que pediu ao banco de Santander, pois será grande o crédito e terá moito aval, tendo en conta que alén das banderolas tamén ofrecera unha viaxe gratuita en avioneta a 90 coruñeses.
Por certo, a que responderá esa teima co número 90? 90 banderolas, 90 viaxes en avioneta... Será que 90 é o dobre da súa edade? pode ser, pero dado que a Carlos Marcos gostalle a simboloxía (das bandeiras), xoguemos un pouco coa simboloxía dos números, a numeroloxía.
domingo, 20 de mayo de 2007
As cousas da língua
Liberdades que afectan, por exemplo, ó uso dos idiomas galego e castelán. Es más, te digo en castellano que éste también es mi idioma no solo oficialmente, sino en muchos aspectos culturales también. Por tanto uno se puede sentir galleguista hablando y escribiendo en gallego, como yo hago habitualmente, y también hablando y escribiendo en castellano, como hacen otros gallegos que sienten y quieren a su País.
jueves, 17 de mayo de 2007
A presentación dun candidato e dunha idea
Ciudadan@s de La Coruña HABLEMOS
É unha forma curiosa de acudir a unhas eleccions nun partido, dicindo e facendo xusto o contrario que di e defende dito partido político. Como tamén e ben curioso que o candidato do Partido Galeguista teña unha web para as eleccions municipais do 2007 íntegramente en castelán e na que dí algo tan curioso como o seguinte:
Defiendo la libertad de todos para hablar en gallego o en castellano y reclamo mi libertad para hacerlo en castellano y sentirme, por supuesto, un buen gallego. Quien no lo entienda, no entiende el sentir de muchos coruñeses.Pois será que non entendo o sentir de moitos coruñeses pero dende logo eu non entendo que un candidato dun partido galeguista fale en castelán e defenda o uso do castelán en lugar do galego (por suposto que cada un ten o dereito de falar no que lle pete, pero un candidato galeguista terá que estar a favor do galego, digo eu). Como tampouco entendo que un político que se presenta a unhas eleccions empece no seu primeiro acto público por non cumprir a lei e declare que no caso de gañar vai seguir a incumplila.
Penso que todo isto ten que ver co feito de que o señor Marcos simplemente non representa as ideas políticas que defende. Polo tanto o meior que poderia facer e retirar a súa candidatura e non presentarse por un partido que ten unha visión política radicalmente diferente da súa própria. Non estou a dicir que non se presente senón que non se presente polo PG. Que sexa coerente.