jueves, 17 de mayo de 2007

A presentación dun candidato e dunha idea

Na web do partido galeguista aparece unha foto da presentación á prensa do novo candidato do partido na Coruña, o inefable Carlos Marcos. Tamén podedes atopar o texto íntegro da intervención do candidato. O curioso do tema é que as veces as formas traicionan o fondo, as mensaxes que se difunden traicionan as ideas políticas que se di defender.

E este é o caso da presentación do señor Marcos. Na web do partido galeguista podemos ver un banner que nos convida a usar o galego ainda que non o dominemos tan ben como o castelán.

Mensaxe encomiable. Lástima que o candidato Marcos bote por terra tan bos desexos facendo patente a sua insumisión á idea, como se pode ver no cartel que aparece na foto e que reza:
Ciudadan@s de La Coruña HABLEMOS
Non se pode dicir mais con menos. Alén da linguaxe pretendidamente non sexista temos que a frase está integramente en castelán o cal é curioso para unha presentación oficial do candidato dun partido que se autodenomina galeguista e que nos anima a usar o galego en lugar do castelán. Pero ainda por riba emprega o topónimo La Coruña infrinxindo unha sentencia do tribunal supremo que dí que o único topónimo oficial é A Coruña (sentencia que non se pode recurrir)

É unha forma curiosa de acudir a unhas eleccions nun partido, dicindo e facendo xusto o contrario que di e defende dito partido político. Como tamén e ben curioso que o candidato do Partido Galeguista teña unha web para as eleccions municipais do 2007 íntegramente en castelán e na que dí algo tan curioso como o seguinte:
Defiendo la libertad de todos para hablar en gallego o en castellano y reclamo mi libertad para hacerlo en castellano y sentirme, por supuesto, un buen gallego. Quien no lo entienda, no entiende el sentir de muchos coruñeses.
Pois será que non entendo o sentir de moitos coruñeses pero dende logo eu non entendo que un candidato dun partido galeguista fale en castelán e defenda o uso do castelán en lugar do galego (por suposto que cada un ten o dereito de falar no que lle pete, pero un candidato galeguista terá que estar a favor do galego, digo eu). Como tampouco entendo que un político que se presenta a unhas eleccions empece no seu primeiro acto público por non cumprir a lei e declare que no caso de gañar vai seguir a incumplila.

Penso que todo isto ten que ver co feito de que o señor Marcos simplemente non representa as ideas políticas que defende. Polo tanto o meior que poderia facer e retirar a súa candidatura e non presentarse por un partido que ten unha visión política radicalmente diferente da súa própria. Non estou a dicir que non se presente senón que non se presente polo PG. Que sexa coerente.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Si, pois será que non o entendes!

ALGUIEN Q NUNCA ES EL MISMO dijo...

Carlos Marcos, antiguo asesor del ex alcalde popular de Vigo Manuel Pérez

CON ESO XA TA TODO DITO: VERGONZOSO!!!

Anónimo dijo...

Por si no lo sabéis, en Cataluña también hablan en castellano, y en el Pais Vasco y en Valencia ...etc. Bilingüe, dos idiomas, hay problemas mas importantes a tratar que mirar un cartelito...