lunes, 21 de mayo de 2007

A política como marketing

Carlos Marcos segue a demostrar as cualidades dun bon político. Esta vez, no seu afán de espallar a mensaxe, encheu de banderolas toda a cidade superando o límite establecido polo que a xunta electoral da Coruña ven de obligalo a retirar a maioria das banderolas. O home puxera 90 cando o seu límite eran 9.

Postos a inundar a cidade mellor sería inundala co seu programa electoral para que todo o mundo o poidera ler, pero non, mellor son as banderolas que se ven mellor e non hai que lles adicar tempo nen esforzo. A política convertida en marketing. En vez do programa, programa, programa de Anguita o señor Marcos instaura o bandeira, bandeira, bandeira. Para cando a romaría electoral con enchenta gastronómica, gaiteiros e bus?

E iso que don Carlos dí que todos os cartos da súa campaña veñen dun crédito persoal que pediu ao banco de Santander, pois será grande o crédito e terá moito aval, tendo en conta que alén das banderolas tamén ofrecera unha viaxe gratuita en avioneta a 90 coruñeses.

Por certo, a que responderá esa teima co número 90? 90 banderolas, 90 viaxes en avioneta... Será que 90 é o dobre da súa edade? pode ser, pero dado que a Carlos Marcos gostalle a simboloxía (das bandeiras), xoguemos un pouco coa simboloxía dos números, a numeroloxía.

Se sustituimos cada letra do nome Carlos Marcos polo seu valor ASCII obtemos a serie 67, 97, 114, 108, 111 e 115 correspondente a Carlos e a serie 77, 97, 114, 99, 111 e 115 para Marcos. A suma do nome da o valor 612 e a suma do apelido da 613, sumando todos os números do nome obtemos 9 e sumando todos os do apelido obtemos 10, multiplicando ambos os dous números obtemos o número máxico 90, eis a explicación do misterio. Haberá que ter coidado se o señor Marcos é elexido alcalde, non vaia ser que estexa condicionado polo seu número máxico e todo o faga nesas cantidades...

3 comentarios:

Anónimo dijo...

muy gracioso lo del numerito

Anónimo dijo...

¡¡PEAZO FRIKI CHAVALLL!!

Anónimo dijo...

Lastima que non seguiras co blog, unhas risas!