domingo, 20 de mayo de 2007

As cousas da língua

Na entrada anterior comentaba o meu asombro ante un candidato dun partido galeguista que non só non emprega o galego en contra do que propugna o seu partido, dunha sentencia xudicial do tribunal supremo e da súa ética persoal (ou iso debería ser).

Sen embargo pode ser que este candidato sexa o candidato perfecto para este partido galeguista xa que o seu secretario xeral, don Manuel Soto Ferreiro, di o seguinte:
Liberdades que afectan, por exemplo, ó uso dos idiomas galego e castelán. Es más, te digo en castellano que éste también es mi idioma no solo oficialmente, sino en muchos aspectos culturales también. Por tanto uno se puede sentir galleguista hablando y escribiendo en gallego, como yo hago habitualmente, y también hablando y escribiendo en castellano, como hacen otros gallegos que sienten y quieren a su País.
Lembremos que o partido deste señor defende que falemos e escribamos en galego ainda que dominemos mellor o castelán. Bon exemplo o que da o seu secretario xeral. Pero o que me chama mais a atención é o recurso ao sentimento galleguista, gostariame saber se ese sentimento galleguista é igual ao sentimento galeguista ou non, quizá é un sentimento maleable e transmutable, que pode ser o que un quera, tanto un sentimento nacionalista (galeguista) como un sentimento folclórico e festivo (galleguista). Por iso debe ser un sentimento, porque de ser nacionalismo sería un plantexamento político, non unha mera cuestión emocional. Un é nacionalista ou non o é, pero non se sinte nacionalista. E debemos recordar que o galeguismo de que fala o PG é o galeguismo de Castelao e Bóveda, isto é, nacionalismo (falarei disto nunha próxima entrada).

Haberá que recordarlles ao señores Marcos e Soto o que cantaba Anton Reixa porque o son da língua é para falar... A ver se se dan conta de que quen defende o galego, ten que defender que se use porque unha língua so ten razón de ser se se usa, é unha ferramenta para a comunicación, non un adorno electoral.

No hay comentarios: